top of page
CLARA CAMPOAMPOR
Naceu en Madrid en 1888 e morreu en Lausana, Suiza, en 1972. Foi escritora, política e defensora dos dereitos da muller española. Creou a Unión Republicana Feminina e foi unha das principais impulsoras do sufraxio feminino en España, logrado en 1931, e exercido por primeira vez polas mulleres nas eleccións de 1933.
Destacan nas súas obras “Mi pecado mortal. El voto femenino y yo”, toda unha testemuña persoal das súas loitas parlamentarias e tamén “La revolución española vista por una republicana”, escrita dende o exilio cando estala a Guerra Civil Española.
bottom of page