top of page
MARÍA WONENBURGUER
Naceu en Montrove, A Coruña, en 1927 e morreu na Coruña en 2014.
Foi unha matemática española que desenvolveu os seus traballos de investigadora en Estados Unidos e Canadá.
Os seus traballos máis recoñecidos foron os desenvolvidos en álxebras de Lie, grupos finitos e matrices de Cartan e no ano 2007 foi nomeada socia de honra da Real Sociedade Matemática Española.
No ano 2007, a Xunta de Galicia creou o premio María Wonenburger Planells para recoñecer aquelas mulleres galegas con traxectorias destacadas no ámbito da ciencia e da tecnoloxía.
En 2010 foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade da Coruña.
bottom of page