top of page

DIAN FOSSEY

Naceu en San Francisco no ano 1932 e morreu en Ruanda en 1985. Foi unha zoóloga recoñecida pola súa labor científica e conservacionista dos gorilas nas montañas Virunga en Ruanda, e na República Democrática do Congo.

En 1983 publicou "Gorilas na néboa", libro que expón as súas observacións e a relación cós gorilas en todos os seus anos de estudos de campo.

Nos 22 anos de estudo, enfrentouse e combatiu a actividade dos cazadores furtivos, e hai sospeitas de que éste foi o motivo do seu asasinato.

O seu traballo contribuíu en gran parte á recuperación da poboación de gorilas e á desmitificación do seu comportamento violento.

bottom of page