top of page

SOFÍA CASANOVA

Sofía Guadalupe Pérez Casanova de Lutoslawski naceu na Coruña en 1861 e morreu en Polonia en 1958.

Foi unha poetisa, escritora e xornalista  e a primeira española que se convertiu en corresponsal permanente nun país extranxeiro e corresponsal de guerra.

Colaborou en xornais como ABC ou La Época, na revista Galicia e en prensa internacional como o New York Times.

En 1906 foi elixida membro da Real Academia Galega , en 1911 entrou a formar parte da Academia Española de Poesía e en 1925 o seu nome barallouse para o  Premio Nobel de Literatura.

bottom of page