top of page

MARIANA CARBALLAL

Actriz, directora, guionista e profesora, naceu en Monterrei en 1962.

Nos inicios da súa carreira como intérprete, adicouse ao teatro, actividade que decrece a medida que aumenta a súa actividade cinematográfica, televisiva e docente.

Acadou unha grande popularidade co personaxe de Maribel no SHOW DOS TONECHOS, e destacou como directora da serie LIBRO DE FAMILIA, que conserva o récord de permanencia na TVG.

En 2004, foille concedido o Premio Galicia en Feminino outorgado pola Xunta de Galicia.

bottom of page