top of page

LUZ CASAL

María Luz Casal  Paz, naceu en Boimorto no ano 1958 e é unha cantante galega de pop rock. Durante a súa carreira discográfica, vendeu máis de 5 millóns de discos. No ano 2010, foille concedida a Medalla Castelao.

En 1982, viu a luz o seu primeiro álbum, LUZ, e entre as súas cancións máis coñecidas, destacan temas como "No me importa nada", "Entre mis recuerdos" ou "Piensa en mí", e en lingua galega, o tema "Negra Sombra".

bottom of page