top of page
MARÍA PITA
Mayor Fernández da Cámara Pita, máis coñecida como María Pita, naceu en Sigrás en 1560 e finou no mesmo lugar en 1643.
Foi unha heroína galega na defensa da Coruña contra o ataque da Armada Británica acontecido no ano 1589 e dirixido polo almirante e antigo corsario Francis Drake. Durante o asalto á cidade vella, matan ó marido de María Pita quen , chea de rabia, arrebata a lanza da bandeira inglesa e coa mesma, mata ó alférez que dirixía o asalto e que era irmán de Drake.
Conmemórase a súa memoria coa praza do concello na Coruña e unha estatua cunha chama sempre acesa. A obra, rematada en bronce, representa á heroína coa lanza coa que matou o alférez inglés mentres colle coa outra man o corpo sen vida do seu marido.
bottom of page