top of page

MARIE CURIE

Maria Salomea Sklodowska-Curie, naceu en Varsovia, Polonia, en 1867 e morreu en Passy, Francia, en 1934.

Foi unha científica polaca nacionalizada francesa, pioneira no campo da radioactividade (término que ela mesma acuñou) e a primeira persoa en recibir dous premios Nobel en distintas especialidades, Física e Química, e a primeira muller en ocupar o posto de profesora na Universidade de París.

Dentro dos seus logros, destacan o descubrimento de dous elementos químicos, o Radio e o Polonio e as técnicas para o illamento de isótopos radiactivos; igualmente, a creación durante a Primeira Guerra Mundial dos primeiros centros radiolóxicos para emprego militar.

bottom of page