top of page

FRIDA KAHLO

Magdalena del Carmen Frida Kahlo Calderón, nada en Coyoacán (Cidade de México) o 6 de xullo de 1907 e finada o 13 de xullo de 1954, foi unha recoñecida pintora e poetisa mexicana. A súa obra é considerada emblemática tanto pola tradición indíxena, como  pola súa comprometida representación da forma e da experiencia feminina. A súa vida estivo cruzada polo infortunio dunha enfermidade infantil e por un grave accidente na súa mocidade, que a mantivo postrada durante longos períodos, chegando a someterse a múltiples operacións cirúrxicas. A súa obra pictórica xira temáticamente en torno á súa biografía e ao seu propio sufrimento.

bottom of page