top of page
ROSALÍA DE CASTRO
Naceu en Santiago no 1837, e finou en Padrón no 1885. Foi unha escritora e poeta galega. É a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, e é considerada unha das mais altas figuras da poesía española do século XIX.
O 17 de Maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser esa a data na que se publicou a súa obra "Cantares Gallegos". Alén diso, ten outras obras publicadas, entre elas "Follas Novas", "Contos da miña terra", "La Flor", "En las orillas del Sar", "La hija del mar", "El Caballero de las Botas Azules".
Por outra banda, Rosalía, é un referente polo que existen varias institucións, espazos públicos e bens de consumo designados co seu nome.
bottom of page